Section outline

    • Este sitio web recolle os materiais e ferramentas traballados na formación "Innovación e tecnoloxía no ensino das linguas estranxeiras" do 19/3/2025 no CFR de Ferrol. Trátase dun espazo organizado e actualizado onde o profesorado pode consultar contidos clave, explorar aplicacións prácticas da IA na aula e seguir profundando de forma autónoma.

      O obxectivo é facilitar o acceso ao aprendido durante o curso e ofrecer un punto de partida útil para seguir experimentando e reflexionando sobre o uso da intelixencia artificial no ensino. A estrutura do sitio inclúe as seccións seguintes:

      • O arte do prompting: introdución ás técnicas de interacción con modelos de IA (que xa vimos no curso).

      • Ferramentas: divididas en categorías como busca e curación, conversa, creación e reelaboración de contidos, planificación didáctica, avaliación e atención á diversidade (as que vimos no curso... e algunha que outra sorpresa).

      • Bots experimentais: propostas innovadoras para explorar novas posibilidades da IA na educación. Aquí atoparedes os bots dos que vos falei para corrección asistida de producións e coproducións escritas.

      • Videotitoriais: guías para facilitar o uso das ferramentas presentadas.

      Finalmente, como vos dixen durante a sesión, estou á vosa disposición no correo marcovelez@edu.xunta.gal. Con moito gusto vos axudarei no que necesitedes.