Trátase dun curso desenado para o fomento de metodoloxías encamiñadas á mellora da competencia oral do alumnado en inglés. 

Entre outros obxectivos, esta actividade está enfocada a difundir estratexias de aula que inciden especificamente na mellora da competencia oral do alumnado en lingua inglesa, persegue así mesmo fomentar a aprendizaxe activa e colaborativa das linguas a través de diferentes técnicas e adquirir estratexias para desenvolverse en espazos culturais variados. 

Abordarase o emprego das novas tecnoloxías como complemento para desenvolver a expresión oral nas aulas e fóra delas tras facer unha introdución ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e a súa vinculación co desenvolvemento dos currículos de primaria e secundaria e revisarase o uso de técnicas dramáticas para facilitar a interacción e comunicación na aula.