Este clube de lectura pretende ser un espazo para os participantes poderen compartir experiencias, opinións e gustos a través do inglés. Serán benvindas as perspectivas, interpretacións e digresións persoais, ademais das recomendacións e suxestións para lecturas complementarias ou paralelas. A participación activa será fundamental – e a diversión tamén!

Cada mes, asignarase un libro (novela, ensaio, poesía) para a súa análise e discusión ao longo de dúas sesións. Cada libro acompañarase dunha serie de perguntas de análise para ter en conta durante a súa lectura, que se tratarán nas reunións quincenais, xunto con outras perguntas propostas polas/os propias/os participantes.