OBXECTIVOS: 1.Adquirir e traballar habilidades e técnicas para dinamizar e impulsar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros. 2.Potenciar a capacidade para desenvolver proxectos de aula e centro utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. 3.Desenvolver as capacidades para o desempeño de labores de administración e mantemento básicas. CONTIDOS: 1.Competencia dixital e tratamento da información. 2.A rede da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Medios e recursos a disposición do profesorado, dos centros, da xestión e da formación. 3.Integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos diferentes niveis educativos e áreas, para o desenvolvemento de proxectos. 4.Aplicación de ferramentas e instrumentos para a creación de actividades educativas e análise de material multimedia. 5.Utilización de ferramentas e aplicacións en internet como medio de traballo colaborativo, busca de recursos e información. 6.Administración básica de equipos informáticos.