Este curso ten por obxectivo familiarizarse coas funcionalidades básicas e as ferramentas do panel dixital, contemplando as opcións de accesibilidade para o alumnado, co manexo de software para a creación de contidos educativos. 

Traballarase con estratexias para o uso do panel en aula e a planificación e deseño de actividades, empregando o panel dixital como recurso.

Trátase dunha formación eminentemente práctica, co obxecto de que este recurso facilite a labor docente en aula.