Deseñar, implementar e avaliar situacións de aprendizaxe na área de matemáticas, en educación primaria, é o obxectivo principal desta formación.

Traballaranse técnicas, dinámicas e estruturas para levar a cabo situacións de aprendizaxe nesta etapa educativa.

Crear recursos manipulativos sinxelos, físicos e virtuais, tendo en conta as actividades multinivel é un dos obxectivos principais desta actividade.Trátase de abordar esta área desde a experimentación e a manipulación, contextualizando as actividades/retos en situacións reais para o desenvolvemento da competencia matemática. Ofertaranse diversos obradoiros simultáneos con diferentes temáticas.

O obxectivo destas Xornadas de Radio Escolar é explorar as posibilidades da radio escolar como ferramenta AMI. Coñecer algunha experiencias innovadora de centros que contan cunha radio escolar. No obradoiro  levaranse a cabo a edición e produción de podcasts. 

 É obxectivo principal desta formación  promover unha biblioteca inclusiva como estratexia didáctica para atender a diversidade. Adicarase especial atención á lectura en contextos de dificultade para a comprensión lectora, polo que se amosarán estratexias, ferramentas e recursos para o fomento da lectura nestes contextos, así coma o deseño de espazos accesibles e adecuados nunha biblioteca inclusiva.

É obxectivo desta formación fomentar a integración do alumnado con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar, para o que precisan adquirir un nivel básico de comprensión, expresión e interacción en lingua de signos.

Formación cun enfoque práctico na que se buscarán e seleccionarán recursos e contidos dixitais para a atención á diversidade do alumnado atendendo a criterios didácticos e pedagóxicos. trátase de implicar ao alumnado e potenciar a motivación deste no seu proceso de aprendizaxe independientemente do seu nivel de competencia.

Actividade enfocada a abordar o ensino e aprendizaxe das matemáticas en educación infantil. Ten como obxectivo levar a cabo experiencias de vivenciación e manipulación de xeito guiado na aula.

O obxectivo desta formación é favorecer o desenvolvemento da competencia matemática, para o que se abordará o traballo desta área de forma práctica, concedendo especial relevancia á manipulación e experimentación.