Nesta actividade formativa trátase de levar a cabo  sesións de observación e reflexión de xeito efectivo e potenciar e difundir as posibilidades de mellora  observadas na práctica educativa fóra do ámbito da comunidade educativa. Daránse asemede indicacións para unha acollida eficaz de persoas alleas a un centro educativo, para favorecer o desenvolvemento da actividade.

Nesta actividade, con formato de Xornada educativa, tratamos de determinar unha liña metodolóxica de actuación na aprendizaxe das matemáticas, contextualizando os retos/actividades, de xeito que sempre aprendemos para resolver unha situación concreta, é dicir, dándolle funcionalidade ao aprendido.

 Nesta funcionalidade de coñecementos, habilidades e destrezas teremos en conta os diferentes ritmos e formas de aprendizaxe(DUA), así como as metodoloxías activas que se poden empregar e aqueles recursos TIC que facilitan a labor do profesorado e a motivación e aprendizaxe do alumnado.

Con este curso tratamos  de explorar e amosar as posibilidades da radio escolar como ferramenta didáctica. Temos como obxectivo crear unha  emisión para unha radio escolar empregando diferentes ferramentas TIC  e configurando antes o equipamento de gravación. O produto final serán os podcast editados polos grupos do profesorado participante.

Esta formación trata de dar resposta ás inquedanzas daqueles docentes que queren repensar a escola dende unha perspectiva de transformación dos espazos, para favorecer o emprego de metodoloxías activas, o traballo transversal, os patios dinámicos, a educación ambiental e prácticas proactivas que favorezan a convivencia escolar.

Este curso ten por obxectivo afondar na aprendizaxe de coñecementos e habilidades, baseadas na indagación e evidencias, para descubrir a ciencia mediante a experimentación e utilizando as metodoloxías activas coma elemento dinamizador, innovador e inclusivo.

Identificar estratexias de xestión da aprendizaxe na aula e instrumentos de avaliación das metodoloxías activas, para fomentar a  innovación e a inclusión na práctica docente. 

Deseño de actividades multinivel dende a perspectiva DUA, para potenciar desenvolvemento competencial e a creatividade do alumnado.


O conto como recurso didáctico. Que, como e cando contar contos na aula..Experimentar a lectura de contos como un feito de comunicación cos alumnos/as.