Coa entrada da LOMCE decidimos incorporarnos á rede de Centros Plurilingúes e valoramos a posibilidade de impartir como materia de libre configuración DRAMA. O principal reto para nós foi a falta total de materiais, que nos levou a creación propia de temario, materiais para Aula Virtual, obras, espa zos, vestiario etc.
O primeiro ano partimos de cero creando a programación , baseada a grandes trazos en traballar expresión corporal (1ª avaliación), lectura dramatizada ( 2ª avaliación) , construción de personaxes e actuación adaptando dúas obras: O mago de Oz e Robin Hood(3ª avaliación).
O segundo ano repetiuse o esquema pero a obra foi escrita pola profesora: Bus Stop blues
O terceiro ano, no que nos atopamos, construímos a aula de Drama e o alumnado está a participar activamente na construcción do texto que representaremos a final de curso: Animals in Danger.
Profesora de Lingua Galega e Literatura.
C1 de Inglés na EOI da Coruña.
Profesora de clases CLIL de Drama desde o curso 2015-2016.
Traballo co Portfolio Europeo das linguas na case de Galego desde ese mesmo curso.
Participante no PIALE de inmersión no ano 2015 e na modalidade de Integración no 2017.
Creación e traballo co proxecto de integración de linguas no centro.
Profesora de Inglés
Coordinadora CLIL do CPI Plurilingüe Cabo da Area desde o curso 2014-2015.
Traballamos co Portfolio Europeo das Linguas desde o 2015-2016.
Participante no PIALE en distintas convocatorias.
Participación en proxectos eTwinning.
Creación e traballo co proxecto de integración de linguas no centro.