A bomba da felicidade

Sabíamos que o autor Carlos Casares era un regalo para todo o centro. Queríamos que os nenos e nenas se emocionasen con este autor. Que o lesen de forma autónoma e porque llo pedise o corpo.
Dóusenos por pensar en Leoncio. E tamén na súa bomba da felicidade. Logo a súa bomba non podería estoupar a unha hora determinada no noso colexio?
Esta noticia chegou a todo o centro e con esta proposta ilusionámonos todos e todas.

Tamara Lema Rodríguez

CEIP Labarta Pose

Mestra especialista en lingua estranxeira inglés. Ademáis dos catro anos no ámbito público, tamén conta con experiencias no eido audiovisual. Axudou activamente na actividade que se presenta.

Laura María Mosquera Villar

CEIP Labarta Pose

Coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega no centro. Impulsou, xunto con todo o equipo, a ilusión e desenvolvemento da actividade que se presenta.