O titulo do proxecto, “Ti 2 =i”, fai referencia á integración da tecnoloxía e innovación para tratar de lograr
a igualdade de persoas, e a inclusión. No proxecto colaboran activamente as institucións ONCE e ASPABER, e a empresa ALLNET Ibérica, con sede en Carballo, quen facilita distintos materiais e asesoramento técnico ao centro educativo, nos ámbitos da electrónica, robótica e impresión 3D.
A idea inicial do proxecto xurdiu a raíz do contacto de diversos profesores do departamento de Electricidade e Electrónica con varias asociacións que traballan con persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Observouse a existencia de unha demanda de adaptacións específicas ás que se podería dar resposta a través da formación profesional. É o caso de adaptación para persoas con deficiencias visuais graves, parálise cerebral ou deficiencia motriz, persoas con perdas auditivas graves ou que demandan a práctica continuada de rutinas da vida diaria a través de paneis de adestramento ou paneis sensoriais.
Traballando mediante unha metodoloxía baseada en proxectos (ABP) procurouse o desenvolvemento ou adaptación de diferentes produtos.
Participan alumnado e profesorado dos ciclos de grao básico, FPB de Electricidade e Electrónica e FPB de Fabricación e Montaxe, CM de Mecanizado, CM de Instalacións de Telecomunicacións, CS de Mantemento Electrónico, e profesorado e alumnado dos departamentos de Tecnoloxía e FOL.

Directora do IES Monte Neme.