No curso pasado fixemos tres actividades de aprendizaxe servicio dende o Ciclo formativo.
A primeira, os alumnos de 2º curso dende o módulo proxecto integrado organizamos o día da educación física na rúa, ca participación na Praza da Quintana de case mil escolares de todo Santiago dun total de 11 centros da cidade.
Posteriormente organizamos ca asociación Bule Alcer unhas xornadas nas que colaboramos con eles, na que os alumnos de 1º curso do Ciclo medían as capacidades físicas básicas de persoas con enfermidades crónicas de esta asociación.
Na derradeira actividade de aprendizaxe servicio do curso fumos ata o CEIP Viaño Pequeno, en Trazo (A Coruña). Os alumnos de 1º curso do ciclo organizaron e levaron a cabo unha xornada de xogos tradicionais Galegos, dende as 10:00 as 14:00 para máis de 200 alumnos das etapas de educación infantil e primaria.

Licenciado en Ciencias de Actividade Física e o Deporte.
Diplomado en Magisterio especialidade educación física.
Máster en tecnoloxías da comunicación aplicadas a educación.