O musical como elemento de integración

O noso traballo céntrase na elaboración dun proxecto teatral colectivo: escritura da historia, guión literario, planificación do guión técnico, detalle da produción, probas de representación, posta en escena e montaxe de imaxe e son.
Trátase dun traballo grupal e individual que fomenta a cooperación, a creatividade, a escoita, a observación e a espontaneidade.
A metodoloxía baséase na coordinación dos membros do equipo docente coa finalidade de desenvolver un proxecto común cun mesmo grupo, reforzando o traballo en equipo dunha forma activa e participativa entre os profesores e os alumnos.

Materiais

Mª Dolores Coladas Rodríguez

IES Manuel Murguía

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña.
Profesora de Educación Secundaria especialidade Tecnoloxía desde o curso 1998/1999.
Profesora de Tecnoloxía no IES Manuel Murguia de Arteixo desde o curso 2012-2013.
Desde o curso 2014-2015 participación na creación e desenvolvemento de musicales co alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo.
Participación en grupos de traballo e PFPP relacionados cos musicales feitos no IES.

Diana Mª Fernández Suárez

IES Manuel Murguía

Licenciada en Xeografía e Historia especialidade Musicoloxía pola Universidade de Oviedo
Título Profesional de Música na especialidade de Frauta Travesera polo Conservatorio Superior de Música "Eduardo Martínez Torner" de Oviedo.
Profesora de educación secundaria especialidade Música desde el curo 1999-2000.
Profesora do IES Manuel Murguía de Arteixo desde el curso 2009-2010.
Desde o curso 2014-2015 participación na creación e desenvolvemento de musicales co alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo.
Participación en grupos de traballo e PFPP relacionados cos musicales feitos no IES.
Relatora nos II Encontros de intercambio de experiencias educativas. Compartindo boas prácticas.