Rebumbiolab é un conxunto de talleres de ciencia que os membros do Club de Ciencia do IES David Buján estamos a realizar de forma gratuíta por toda Galicia.
Quen somos? O grupo de mentores do club de ciencia axudados dos nosos ex-profesores do do IES David Buján de Cambre, organizamos talleres con Snack experiments nos que os alumnos de ESO son que de explicar a alumnos de primaria os seus experimentos. <https://youtu.be/KM9GgyjnI54>
Porqué Snack experiments? Os Snack Experiments son experiencias breves que non precisan de material de laboratorio. Ao ser experiencias de”baixo custo” os nenos poden replicalas na súa casa.
O proxecto obtivo o primeiro premio no concurso internacional ""Ciencia en Acción"" na categoría de Divulgación da Física.

Licenciada en bioloxía pola UDC no 1997
Cursos de doctorado, tesina de licenciatura e sufuciencia investigadora pola UDC no 1999.
Funcionaria docente de Bioloxía e Xeoloxía dende o ano 2000, con 13 cursos de destino definitivo no IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiño, e no IES David Buján desde o curso 2016/2017.
Participación no Programa de Seccións Bilingües por francés durante 4 cursos no IES Urbano Lugrís.
Participación en dúas feiras científicas, Ciencia en Acción e Galiciencia o ano 2017.

Profesor de Bioloxía e Xeoloxía no IES David Buján de Cambre. Foi coordinador de escola piloto en varios proxectos de ciencia europeos ( XploreHealth, InGenious, FuturEnergía ou Go- Lab) e asesor pedagóxico de European Schoolnet no proxecto “Global Excursion”. Ademais obtivo o recoñecemento á calidade polo proxecto Erasmus+ “ Engaging students: STEM Clubs & Citizen Science”. Participou cos seus alumnos en concursos
de ciencia como: Galiciencia, Exporeçerca, Ciencia en Acción, European ViSH Awards, Science Picnic ou Science on Stage. Actualmente imparte cursos para profesores como “Ciencia cidadá na escola”,
ou “Primeiros experimentos para infantil e primaria” nos centros de formación de profesorado da Consellería de Educación e é mentor nos proxectos internacionais de acercamento a ciencia e a tecnoloxía aos rapaces, WorldBiotech e Design Squad Global, ambos da Association of Science-Technology Centers ( ASTC) de EEUU.