Os centros educativos como contedores culturais

Un Proxecto Educativo para traballar co alumnado o empoderamento da educación horizontal por proxectos. Un camiño de experimentación para acadar obxectivos de integración de toda a Comunidade Educativa. Unha mostra de activismo social para mostrar que os Centros Educativos do Rural poden ser referenciais contedores culturais.

Materiais

Manuel Maseda Deán

IES Maxinimo Romero de Lema

Na actualidade son mestre de música no IES Maximino Romero de Lema (Baio), centro que dirixo con un equipo marabilloso dende fai 6 anos. O feito diferencial do noso proxecto educativo é a concepción do Centro Educativo como Contedor Cultural. Este é o terceiro ano que imparto unha materia de libre configuración de Centro -que propuxemos dende o departamento de música- denominada "Achegamento ás Artes Escénicas e Xestión Cultural" e que funciona como eixe vertebrador, xunto coa Comisión de Cultura, para canalizar todas as actividades que se propoñen no Centro.