Durante os cursos 2016/17 e 2017/18, aproveitando a concesión de dúas licenzas formativas para a creación de contidos dixitais, desenvolveronse sendas experiencias de clase invertida con alumnado de 4º de ESO.
A presente comunicación ten por obxecto facer unha descrición crítica da aplicación práctica destes materiais, o grao de consecución dos obxectivos previstos e as dificultades detectadas.

Profesor de ensino secundario coas especialidades de Administración de Empresas e Economía. Doutor pola Universidade de Huelva. Experto en sistemas de información na empresa e na Administración Pública.
A experiencia está parcialmente descrita na revista eduga (http://www.edu.xunta.gal/eduga/1360/proxeccions/experiencia-flipped-classroom-no-ies-agra-leboris) e a primeira parte dos recursos xa está dispoñible no repositorio Abalar (https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/node/10516).