A escola ten e debe demostrar que aprender é divertido. Retar, escoitar, compartir e disfrutar aprendendo dentro das aulas de Primaria é posible.

Maestra especialista en Educación Infantil dende o ano 2000. Con destino definitivo actual no CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal dende o ano 2009.
Con formación e experiencia no traballo por proxectos, as matemáticas construtivistas, a lectoescritura baixo o mesmo enfoque e a filosofía para nenos xunto co campo da intelixencia emocional.
Dende o ano 2002 participación como relatora en Encontros e Participación de Experiencias Educativas e en Grupos de Traballo en Educación Infantil.
Colaboradora en Educación Mediática e o traballo por proxectos, investigación-acción coa Universidade da Coruña e coa participación no ano 2015 co programa de Baranda 103.4 Cuac Fm.
Coordinadora do proxecto RedEduca: Proxectando valores e atendendo á diversidade durante os cursos 16-18.
Formación en mediación escolar e aprendizaxe cooperativa.

Maestra especialista en Educación Primaria dende o ano 2011. Con destino provisional no C.E.I.P Plurilingüe Isidro Parga Pondal dende o ano 2016.
Con formación en cooperar para aprender e aprender e cooperar, neurociencia e e mediación escolar.
Coordinadora do proxecto RedEduca : Proxectando valores e atendendo á diversidade durante os cursos 16-18.