Fábrica dos soños

Cal é o teu soño?
Os soños fabricanse experimentando, imaxinando, xogando, creando e convivindo. Baixo esta premisa traballamos en educación infantil con metodoloxías que teñan en conta a diversidade, os intereses e a motivación.
Dúas mestras, un novo cole... que metodoloxía empregar? A necesidade de coordinación para levar adiante o proxecto é impresicindible, por iso, dende o inicio decidimos desenvolver unha dinámica de traballo común, unha dinámica cooperativa, na que teñen especial relevancia elementos como: o traballo en base ao entorno máis cercano, a interpretación das emocións e a propia natureza da sociedade.

Materiais

Silvia Abrodos Ínsua

CEIP Plurilingüe O Mosteirón

Mestra de educación infantil e primaria que ten realizado formación de innovación educativa dende que aprobou a oposición no ano 2010. Formación relacionada co ámbito Tic, emocional, metodoloxía SEM, literatura infantil e o xogo na educación infantil.

Sonia Naveiro Garabato