Analizar as causas, situación actual e praxis na redución do abandono escolar temperá (en adiante ESL) en Europa.
Analizar as medidas a implementar sobre detección de abandono escolar temperá no marco da escola europea.
Coñecer as boas prácticas que redundan nunha diminución do abandono escolar temperá e na mellora da convivencia en centros educativos seleccionados pola súa excelencia no tratamento do ESL de España, Austria e Suecia.
Compartir pautas de tratamento e os modelos de referencia no tratamento das emocións e da convivencia no ámbito escolar, que incide sobre la mellora da tasa de ESL.
Boas prácticas e experiencias de ESL na escola europea.
Análise e evolución das metodoloxías aplicadas á redución de ESL.
Programación e exemplificación das boas prácticas relevantes que inciden nos resultados de convivencia, benestar e mellora dos resultados académicos no ámbito escolar.
Tratamento dos modelos experimentais existentes no ámbito escolar europeo de referencia.