Traballo colaborativo

(De Wikipedia, a enciclopedia libre)

Traballo Cooperativo Asistido por Computadora (Computer Supported Cooperative Work) defínese coma o conxunto de procesos intencionais dun grupo para acadar obxectivos específicos, máis as ferramentas de software deseñadas para dar soporte e facilitar o traballo (Peter). No marco dunha organización, o traballo en grupo con soporte tecnolóxico preséntase coma un conxunto de estratexias tendentes a maximizar os resultados e minimizar a perda de tempo e información, en beneficio dos obxectivos da organización. O maior desafío é lograr a motivación e participación activa do recurso humano. Ademáis teñen que se ter en conta os aspectos tecnolóxico, económico e as políticas da organización.

Traballo colaborativo, ou groupware, son palabras para designar o contorno no que tódolos participantes do proxecto traballan, colaboran e contribúen para a realización do mesmo.

Groupware, significa "software para o traballo en grupo ou traballo colaborativo". Todo o software baséase nunha correcta xestión do coñecemento. Precisamos que sexa accesible, rápido, que se podan engadir máis cousas, correxir o que estuvera mal, etc. O groupware é a integración das tecnoloxías da información TIC coa filosofía do traballo en grupo.

Elementos do traballo colaborativo:

  • Obxectivos: os mesmos ea organización; particulares, ben definidos e medibles
  • Contorno: controlado e pechado.
  • Motivación: a persoa é convencida poa organización.
  • Tipo de proceso: formalízase o proceso grupal.
  • Aporte individual: coñecemento e experiencia persoal ó servizo dos interesares organizacionais.
  • Pasos do proceso grupal: teñen que se definir previamente de xeito claro.

É preciso un control do proceso de aprendizaxe por parte do profesorado.

  • Regras; ríxidas, definidas previamente.
  • Desenvolvemento persoal: supeditado ós obxectivos da organización.
  • Productividade: é o seu fin.
  • Preocupazón: a experiencia en función dos resultados; a motivación é extrínseca.
  • Software: contén todo o que se pode e o que non se pode facer.

-oOo-

 [Podes ler outro artigo sobre contornos colaborativos aquí]

Última modificación: luns, 21 de decembro de 2015, 5:33 PM