4º Exercicio. Usuarios
Ruta: Mantemento > Usuarios e Perfís > Usuarios
Debes darte de alta como usuario da aplicación, elixe o perfil Perfil predefinido con acceso total , NON o do secretario nin o do director. Debes introducir o teu nome de usuario (soamente o usuario) da conta de correo da Xunta (usuario@edu.xunta.es). Por defecto o programa colle o data de hoxe pero pódese introducir outra pinchando no calendario ou introducíndoa a man.
No caso de profesores interinos destinados por un ano no centro educativo é moi útil introducir a data de baixa. Unha vez superada a data de baixa o mestre non poderá acceder a aplicación do centro. A data de baixa na aplicación podería ser, neste exemplo, a data de cese do destino no centro.
A partires deste momento e para tódolos demais exercicios, empregarás este usuario e NON volverás a empregar o dir125.
Unha vez realizado este exercicio saír da aplicación e volver a entrar, empregando o acceso directo que creaches no exercicio anterior e o teu propio usuario de correo electrónico. Por suposto a contrasinal é a mesma ca da túa conta de correo.