3º Exercicio. Perfís
Ruta: Mantemento > Usuarios e Perfís > Perfís
No centro ficticio, están creados tres perfís de usuarios: director, secretario de centro, perfil predefinido de acceso total. Deberás dar de alta novos perfís e seleccionar, en cada caso, as opcións lóxicas de acceso que correspondan, emprega as abreviaturas indicadas en cada apartado para o código do perfil:
(Un apartado e só un para cada asistente)
-
Subdirector ( código de perfil: SD)
-
Xefe de estudios diurno (XD)
- Xefe de estudos nocturno (XN)
-
Orientador (OR)
-
Coordinador FTP (FT)
-
Xefe Administrativo (XD)
-
Administrativo (AD)
-
Profesorado consulta (PC), con opcións de consulta exclusivamente á parte de docencia.
-
Profesorado modificación (MM), con opcións de modificación de faltas e notas soamente ós seus alumnos.
-
Profesor titor (PT), con opcións de modificación de datos xerais dos alumnos e que poida tamén poñer faltas e notas.
-
Xefes departamento (XD), deberán acceder en modo consulta a tódolos alumnos, con modificación exclusivamente en faltas e notas.
-
Profesorado de consulta (PC), con acceso a tódolos alumnos exclusivamente en modo consulta as partes de docencia.
-
Outro Profesorado (OP), elixe as opcións que consideres.
-
Coordinador do PCPI ( PC)
-
Coordinador ciclo Xardíneria ( CX)
-
Coordinador ciclo Sistemas Informáticos ( CI)
-
Coordinador ciclo Comercio ( CC)
-
Coordinador ciclo Turismo ( CT)
Pasado un tempo, volve a acceder á mesma pantalla e observa os cambios introducidos, por ti e polos demais asistentes ó curso.
Na práctica real, un centro podería non precisar tantos perfís, o motivo de poñer tódolos anteriores foi a necesidade de realizar un apartado diferente para cada asistente.
A continuación elimina o perfil que acabas de crear. Na aplicación quedarán unicamente os que xa estaban ó principio.