Gustaríame engadir este fío de debate para comentar os efectos que a Lúa ten sobre as nosas actividades. Por exemplo, na agricultura tense moito en conta o cuarto no que se atopa a Lúa para prantar ou recoller moitos produtos vexetais. miña avoa di que "Hai que prantar en menguante e recoller en crecente" e gustaríame saber as razóns.