Section outline

  • Axenda, libro de entradas e saídas.
    • Rexistro de correo

      Con esta opción poderemos levar un libro de rexistro de entradas e saídas do correo do centro para o ano de traballo. Trátase dun documento con carácter oficial e validez legal, polo que é moi importante ser moi coidadoso na súa elaboración. Ó igual que nos libros de rexistro en papel, non se deberían admitir as modificacións posteriores. É importante ter en conta que cada vez que engadimos un rexistro ó libro, o sistema creará de forma automática no campo número, un nº de rexistro secuencial, este non debería ser modificable (o documento perdería validez legal). Hai que especificar obrigatoriamente a data de entrada/saída e o nome do remitente/destinatario.