Obxectivos

1.Comprender as vantaxes e inconvenientes do marco actual da intelixencia artificial (IA) para capacitar ao alumnado no seu uso crítico e reflexivo no ensino secundario.

2.Deseñar e implementar situacións de aprendizaxe inclusivas nas que o alumando empregue ferramentas de intelixencia artificial de maneira responsable.

3.Promover o uso da intelixencia artificial por parte do alumnado para a autoavaliación e retroalimentación personalizada, fomentando a súa autonomía e garantindo estratexias accesibles e equitativas.

Contidos

1.Desenvolvemento da competencia do alumnado en intelixencia artificial: vantaxes, desafíos e recomendacións.

2.Aspectos normativos e éticos para o uso da intelixencia artificial co alumnado no ensino secundario.

3.Deseño e creación de situacións de aprendizaxe inclusivas nas que o alumnado emprega a intelixencia artificial.

4.Avaliación e retroalimentación da aprendizaxe empregando a intelixencia artificial co alumnado.

Observacións

1. Fase NON presencial. Proxecto final: situación de aprendizaxe inclusiva co uso activo da IA por parte do alumnado (obxectivos, competencias, estratexias inclusivas e de accesibilidade e instrumentos de avaliación e retroalimentación)