Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural
Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural
Que se aprende a facer?
Programar, organizar, supervisar e realizar, de ser o caso, os traballos no monte e en viveiros, controlando e protexendo o medio natural e capacitando as persoas para a conservación e a mellora ambiental, con aplicación dos plans de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental, de acordo coa lexislación.
En que ámbitos se traballa?
Na área de xestión de empresas, públicas ou privadas, tanto por conta allea como por conta propia, dedicadas á xestión forestal, á cinexético-piscícola, á de viveiros forestais, ao desenvolvemento de programas de educación ambiental, á información, comunicación, formación, interpretación e actividades de acompañamento e guía no medio socio-natural,e a vixilancia do medio natural e os seus recursos. Na extinción de incendios forestaiscomo traballadores das administracións públicas. Así mesmo, para organizar, controlar e realizar tratamentos praguicidas segundo a actividade regulada pola normativa.
Que ocupacións se desempeñan?
Encargado/a de empresas de repoboacións forestais, de corrección hidrolóxico-forestal e de inventario forestal, de tratamentos silvícolas, de loita contra pragas forestais, de construción e mantemento de camiños forestais, de aproveitamentos forestais e de turismo cinexético-piscícola; coordinador/ora de unidade de prevención e extinción de incendios forestais, de vixiantes de incendios forestais e de vixilancia rural; traballador/ora por conta propia en reforestación, tratamentos silvícolas e contra pragas e enfermidadesforestais; práctico/a de topografía, capataz forestal, encargado/a de propagación deplantas en viveiro, de recolección de sementes e froitos en altura, de actividades de asistencia técnica para planificar e realizar o seguimento e adecuación dos hábitat acuícola continental e das especies cinexéticas, de repoboacións cinexéticas, piscícolas eastacícolas, de parque natural, reserva de caza, coto, etc, da administración de universidades e centros de investigación, traballador/ora en control legal de depredadores,xestor/ora cinexético/a, axente forestal, garda de espazos naturais, educador/oraambiental, monitor/ora da natureza.