Técnico en Aproveitamento e Conservación do Medio Natural


Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en realizar as operacións de repoboación forestal, de restauración ou ordenación hidrolóxico-forestal e de aproveitamento forestal, así como o control e a vixilancia do medio natural, manexando e mantendo a maquinaria e as instalacións forestais, consonte a normativa ambiental e de prevención de riscos laborais.

 

En que ámbitos se traballa?
As persoas que obteñan este título han exercer a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, tanto públicas como privadas, dedicadas aos traballos de repoboación forestal, de restauración e ordenación hidrolóxica forestal, e de aproveitamento forestal, así como de control e vixilancia do medio natural. Trátase de traballadores e traballadoras que poden exercer a súa actividade por conta allea ou por conta propia, que se integran en equipos de traballo con outras persoas do mesmo ou de inferior nivel de cualificación, dependendo organicamente de mandos intermedios. En certos casos de empresas pequenas, poden ter baixo a súa responsabilidade persoal operario, pero coa supervisión de responsables de produción.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador cualificado por conta propia e por conta allea en actividades forestais e similares, en hortas, viveiros e xardíns, en propagación e cultivo de plantas en viveiro; maquinista de procesadora forestal; traballador especializado en inventario, seguimento e adecuación do hábitat natural e de especies acuícolas continentais e cinexéticas, en repoboacións de especies cinexéticas, piscícolas e astacícolas; especialista en colleita de sementes e froitos en altura, en produción de sementes, en aproveitamentos de madeiras, cortiza e leñas, en traballos de altura nas árbores, de empresas de repoboación, que realicen tratamentos silvícolas, que realicen traballos de construción e mantemento de camiños e que realicen traballos de corrección hidrolóxico-forestal; motoserrista, abatedor e cortador de toradas; aplicador de produtos fitosanitarios; enxertador; auxiliar en traballos de control legal de depredadores ou especies invasoras; guía de actividades de turismo cinexético-piscícola; corcheiro; traballador en viveiros en xeral.