Scratch
Section outline
-
As listas permítennos almacenar datos, tanto en texto coma en número, que en Scratch se denominan “elementos”, e aos que poderán acceder un ou todos os obxectos do noso proxecto.
Listas en Scratch para un xogo de preguntas

A lista creada para usala noutros bloques. Se está marcado o tic, os seus valores aparecen na pantalla. Se o quitas ocúltanse.

Engade o que escribas ao final da lista que elixas no menú despregable.

Borra un dos datos da lista. Para elixir o dato que queres borrar debes poñer no óvalo o lugar que ocupa o dato na lista.

Borrar tódolos elementos

Engade o que escribas no recadro na posición da lista que elixas. Se despregas o menú do óvalo só che ofrece os valores: 1 (primeiro da lista), último e ao chou (pono en calquera sitio ao chou). Para poñelo noutro lugar escribe no óvalo o número que necesites.
OLLO: A lista medra, non borra nada que teñas nela.

Cambia algo que tes na lista polo que escribas no recadro. Rempraza o que estea na posición da lista que elixas. Se despregas o menú do óvalo só che ofrece os valores: 1 (primeiro da lista), último e ao chou (pono en calquera sitio ao chou). Para poñelo noutro lugar escribe no óvalo o número que necesites.
OLLO: A lista non medra, borra o que había onde escribiches.

Toma o valor do elemento da lista que elixas no menú desplegable. Se despregas o menú do óvalo só che ofrece os valores: 1 (primeiro da lista), último e ao chou (calquera elemento ao chou). Para obter outro elemento escribe no óvalo o número que necesites.

Recupera a posición onde se atopa un elemento dentro da lista

Dáche o número de elementos que ten a lista.

Se a lista contén un elemento con exactamente o que escribiches no recadro, isto toma o valor verdadeiro, se non é exactamente igual é falso.

A lista completa aparece na pantalla.

A lista desaparece da pantalla.