• Recoñecidos facilmente pola súa cor rosa/maxenta e utilízanse para controlar funcións de son.  Actualmente hai 9 bloques de son: 8 bloques son apilables e 1 bloque informador.

    Sons e Música

    Uso do Sensor de Audio

    Bloques de son

    b1

    Este bloque reproducirá o son especificado, pausando o programa ata que o son terminen de reproducirse.  Sóese usar principalmente cando se debe reproducir un son e se debe evitar que o programa continúe ata que o son remate.

    b2

    Este bloque reproduce o son especificado e continúa executando o programa.

    b3

    Este bloque deterá calquera son que se estea reproducindo nese momento en tódolos bloques e no escenario.

    b4

    Este bloque cambia o efecto de son elixido pola cantidade especificada. Isto cambiará para tódolos sons reproducidos no obxecto. A entrada é para seleccionar canto cambiará o son e as opcións para o menú despregable do bloque son:

    • Balance esquerda / dereita: Este cambio escóitase mellor ao usar auriculares. Cando se selecciona balance esquerda / dereita, cambiará o lado desde o que se está reproduciendo o son. Se é negativo, reproducirá máis o son no oído esquerdo, se é positivo, reproducirá máis o son no oído dereito.
    • Ton: ao seleccionalo, cambiará o ton do son reproducido. Se é negativo, este bloque baixará o ton dos sons reproducidos, se é positivo, aumentará o ton.

    b5

    Asigna un valor determinado ao ton ou ao balance de canles.

    b6

    Este bloque quita calquera efecto de son que se estea executando a través dos bloques de efectos de son.

    b6

    Aumenta ou diminúe o volume a cantidade que indiques no óvalo.

    b8

    Fixa o volume respecto ao orixinal a cantidade que elixas. (50% redúceo á metade, 200% auméntao ao dobre, …)

    b10

    Toma o valor do volume actual.  Se está marcado o tic, o seu valor aparece na pantalla. Se o quitas ocúltase