Scratch
Section outline
-
1. Crear conta
2. Creación de clases e contas de estudiantes
Aprendemos como algunhas das funcionalidades de Scratch para profesores permítennos crear clases propias e engadir un usuario para cada estudante.
En primeiro lugar abriremos a nosa conta de Scratch e entraremos na lapela de clases. Faremos clic no botón «Nova clase».

A continuación podremos elixir o nome que terá a clase, no noso caso puxemos «clase exemplo» pero podedes poñer o nome do colexio e o curso ou grupo. Por exemplo: 6º primaria Grupo B. Ademais tedes un espazo para poñer unha descrición da clase así como en que estades traballando nese momento para que os alumnos o vexan ao entrar.
Clase de exemplo

A continuación faremos clic á lapela de Estudantes espazo onde poderemos engadir, crear ou quitar os usuarios dos nosos estudantes. Se creas os usuarios, pode ser interesante poñer o nome do estudante e o do colexio. (Os usuarios de Scratch son unha única palabra (poden conter - ou _ pero non espazos nin outros símbolos)

Dentro da configuración da conta do estudante podes «resetear» o contrasinal dos teus estudantes en caso que a esquezan. Como cando tes moitos estudantes é moi frecuente estar reseteando contrasinais a diario é importante que transmitades ben a importancia de lembrar os seus contrasinais.
3. Crear estudos e proxectos dentro dunha clase de Scratch
Como profesores de varias clases imos ter acceso aos nosos alumnos que poderemos xestionar para engadirlos fácilmente dentro dun estudio. Podemos engadir aos estudantes polo seu nombre de usuario ou bien buscándoos se estes nos seguen. Como mestres imos a ter como seguidores a todos os nosos alumnos así que os atoparemos de forma moi fácil na parte inferior da pantalla.

Nun inicio os estudantes que engadamos dentro dun estudo terán calidade de curador e poderá participar no estudo. Se queremos dotar a un estudante da calidade de manager (máis poderes para xestionar o estudio) faremos clic en «promote» así pasará de curator a manager.