Matata Studio Coding Set
Section outline
-
A programación prepárase no taboleiro branco que hai xunto á torre de control. Ao executar dando ao botón laranxa de «play», a torre de control conéctase co robot e envíalle as mensaxes do programado sobre o panel. Ambos dispositivos conéctanse vía Bluetooth.
Para crear un programa deberemos empregar as diferentes fichas dispoñibles, cada unha cunha «instrucción diferente», colocalas no «panel de control» e premer o gran botón de «executar» de cor laranxa.
Tódolos códigos deben comezar coa ficha de «inicio de loop/secuencia» e rematar coa ficha «fin de secuencia», podendo poñer no medio as instrucións que queiramos.
Neste código o «matabot» bailará, posto que é a única instrución que hai dentro da secuencia.

Os códigos poden ocupar máis dunha liña, ou calquera lugar dentro do «panel de control» (de esquerda a dereita), xa que «leerá» a ficha de comezo da secuencia e a ficha de fin da mesma.
Neste caso o código ocupa dúas liñas e é executado na súa totalidade.

Cada instrución pode ter «pegado» un número que indicará ben o número de veces que se excutará a instrución ou no caso do «baile» ou «música», a que corresponda a cada número (existen 5 músicas e 5 bailes diferentes, un por número).
Se no lugar do número escollemos a ficha do «dado», usará un número aleatorio (entre 1 e 5) cada vez que se execute.

No seguinte caso caso o código executa «dous pasos para adiante», un xiro e «4 pasos para atrás»

Se pegamos o número ao comezo da secuencia, esta será repetida tantas veces como se sinale. Así no seguinte código, repite 2 ves a secuencia «anda 3 pasos para adiante e xira á dereita».

Tamén podemos facer unha «función», é dicir unha parte do código usando a tecla amarela «fn» e creando o código a continuación (neste caso atrás tres veces). Na secuencia principal, onde insertemos a ficha da funcnión, executará ditas accións. Así neste sonará unha música e camiña tres cara atrás (a función), antes de rematar

Se o código non pode ser lido, porque está mal creado, escoitaremos un son avisando, e non será executado.