• Conectarse á cortadora:

    Para conectarse á cortadora e usar o seu software debes seguir estes pasos:

    • Conectámonos co ordenador á cortadora láser (na rede WiFi detectaremos (MrBEAM-XXX ou similar)
    • Seleccionamos a rede MrBeam-xxxx. (O contrasinal é: mrbeamsetup)
    • Lembra que cando nos conectamos á rede da Cortadora láser deixamos de ter WiFi no noso ordenador.
    • Para acceder ao software da Cortadora escribimos en internet, na barra de dirección do navegador: http://10.250.250.1
    • Para iniciar sesión pídenos o correo electrónico e contrasinal usado para o rexistro.

     

    Cores para grabar ou cortar?

    Lembra que debes empregar cores diferentes, no teus deseños (e logo indicalos no software da cortadora), par poder corta ou grabar respectivamente. A cortadora cortará as partes da cor que sinalemos e grabará aqueles coa outra cor sinala para tal fin.

    Se empregas arquivos SVG xa creados, ao subilos á aplicación da cortadora, detectará as cores que teña, así poderemos escoller cales deberá cortar e cales deberá grabar.

    .

    Que deseños podo usar?

    Na cortadora podes empegar deseños de diferentes vías:

    • Creados directamente na software da propia cortadora (permiten cortalos e grabalos)
    • Arquivos en SVG (vectoriais) descargados, modificados ou creados. (permiten cortalos e grabalos)
    • Arquivos en outros formatos: só permite grabalos.

    Podes modificar os arquivos SVG co programa gratuito Linkscape (descárgao nesta ligazón: https://inkscape.app/es/descargar/) – está preinstalado nos equipos co maqueta Abalar.