Tren Intelino
Section outline
-
1. ENCADEADAS (LINGUA)

Que necesitas
- O tren Intelino básico
- Tarxetas de cartulina e rotulador
- Folla de rexistro
- Material para construir estacións: bloques de construción, cartulina, rotuladores...
Agrupación
2 persoas por circuito e tren
Programación
Fichas de acción
Actividade
- Construimos o circuito elixido (ideas no descargable )
- Construimos catro estaciones con material adicional
- Escribimos nas 4 tarxetas categorías (animal, cidade, profesión...)
- Colocamos unha tarxeta en cada estación
- Xógase por quendas e en continuo
- Cada vez que Intelino se pare nunha estación diremos unha palabra desa categoría, encadeada pola última letra da palabra anterior. Por exemplo, se se para en cidade-profesión-animal, poderíamos dicir MadriD-DentistA-ArañA
Variantes
- Non xogamos a encadear palabras senón a formalas cunha letra fixa. Nalgún lugar do circuito poño un cambio de sentido. Cada vez que cambia o sentido hai que cambiar de letra
- Hai catro paradas pero SEN categoría. Por quendas xogamos a dicir unha palabra coa última sílaba da palabra anterior.
- Por exemplo, CArameLO-LOBO-BOCA-CAtaraTA-TAteXA-XATO
2. OPERACIÓNS (MATEMÁTICAS)

Que necesitas
- O tren Intelino básico
- Tarxetas con números
- Tarxetas con operadores
- Material para construir estacións: bloques de construción, cartulina, rotuladores...
Agrupación
4 persoas (2 parellas) por circuito e tren
Programación
Fichas de acción
Actividade
- Construimos o circuito elixido (ideas no descargable )
- Construimos con material adicional catro estacións e colocámolas aleatoriamente no circuito
- Cada parella deseña un reto para a outra: deben pensar unha operación matemática que cumpra unhas condicións. Por exemplo: Usar 1 número dunha cifra, 2 de dos e 1 de tres. Usar unha suma, unha multiplicación e unha resta. Por exemplo, eliximos os números: 105, 35, 20 e 4, e operámolos así: (105 + 20) x 4 - 35 = 465
- Formulen o seu reto ao outro equipo:
- Escriben cada número nunha tarxeta e colócanas sobre as estacións, tres boca arriba e unha boca abaixo
- A tarxeta resultado (465) queda no medio boca arriba.
- Programan Intelino para que Faga o percorrido correspondente á operación que queren realizar e na vía que comunica un número co seguinte colocan a tarxeta correspondente á operación que hai que facer entre eles
- Executan a programación
- O equipo contrario ten que tomar nota a medida que o tren se despraza e averiguar cal é o número correspondente á tarxeta que está boca abaixo.
- Cando crean que ten a resposta destapan a tarxeta e comproban
Variantes
A variabilidade do xogo radica nas condicións de partida do problema: números de unha, dúas ou tres cifras, operadores...
3. TREN DE CARGA (COÑECEMENTO DO MEDIO)

Que Necesitas
- O tren Intelino básico
- Material para construir estacións: bloques de construcción, cartulina, rotuladores...
- Material para construir a nosa contorna
Agrupación
2 persoas por circuito e tren
Programación
Fichas de acción
Actividade
- Imos transportar mercancía entre cidades
- Para iso seleccionamos 3 ó 4 cidades coñecidas e construimos un circuito que as inclúa
- Averiguamos para cada estación algo significativo desa cidade e construímolo con material diverso
- Colocamos unha caixiña sobre o coche de pasaxeiros e decidimos que obxectos transportaremos dunha cidade a outra (por exemplo, coches de Barcelona a Valencia, e laranxas de Valencia a Madrid)
- Programamos con fichas de acción o percorrido
- En cada estación Intelino debe soltar o coche de pasaxeiros.
Variantes
Traballar dúas parellas e con dous trens. Deben construír un percorrido polo que poidan circular os dous trenes á vez SEN chocarse. Teñen dispoñibles todas as vías correspondentes aos dous trens.