Tren Intelino
Section outline
-
1. VEXO- VEXO (LINGUA)

Agrupación
3 ó 4 persoas por circuito e tren
Programación
Fichas de acción
Actividade
- Construimos o circuito elixido (ideas no descargable CIRCUITOS)
- Construimos co material adicional tantas estacións como participantes e colocámolas aleatoriamente no circuito
- Cada estación noméase cunha letra e asígnaselle a unha persoa
- Xógase por quendas
- A primeira persoa programa Intelino con fichas de acción para que acabe o seu percorrido nunha estación que elixa (por exemplo, estación P)
- A persoa propietaria da estación P mira ao seu redor e pensa nalgo que vexa que empece pola letra P (persiana, pupitre...) e as demais deben adiviñala
- Por último, unha vez adiviñada a palabra, a persoa en cuxa estción está o tren, programa para que o tren chegue a outra estación, por exemplo a S.
Variantes
- Debemos pensar palabras sobre vocabulario que esteamos traballando en clase, por exemplo: profesións, o meu barrio...
- E se xogamos en inglés?

2. CARGAR E LEVAR (MATEMÁTICAS)

Agrupación
2 ou 3 personas por circuito e tren
Programación
Fichas de acción
Actividade
- Construimos o circuito elixido (ideas no descargable CIRCUITOS).
- Construimos con material adicional catro estacións e unha estación- almacén e colocámola aleatoriamente no circuito.
- Entregámoslles 4 tarxetas cun número escrito que deberán colocar en cada estación.
- No almacén estarán os obxectos que debemos distribuir (material contable)
- Colocamos sobre o coche de pasaxeiros unha caixiña para que Intelino poida transportar obxectos
- O obxectivo é colocar en cada estación o número de obxectos que está descrito na tarxeta
En cada quenda debemos:
- cargar o vagón de carga
- programar ata a estación de chegada
- descargar e comprobar (se as tarxetas teñen por unha cara o número e pola outra a cantidade, favoreceremos a auto-corrección)
- programar de volta ao almacén
Variantes
- Pedirlles que fagan un percorrido ordeando os números de menor a maior ou de maior a menor
- Introducir o concepto de decena. Se trabajamos con palillos, podemos facer paquetes de 10 e traballar números de dúas cifras
3. O MEU TREN (COÑECEMENTO DO MEDIO)

Que necesitas
- O tren Intelino básico
- Material para construir estacións: bloques de construción, cartulina, rotuladores...
- Material para construir o noso entorno
Agrupación
4 persons por circuito e tren
Programación
Fichas de acción
Actividade
- Construimos o circuito de maneria libre. Incluímos, polo menos, dúas estacións
- Construimos o mini-mundo que arrodea ao tren: Unha representación do noso barrio, vila ou cidade
- Preguntas para reflexionar: Que hai no meu barrio, vila ou cidade? A que sitios vas en tren? A que lugares che gustaría ir?
- Programamos para que Intelino faga un percorrido entre as estacións de ida e volta, circular ou liña
Variantes
- Facilitar únicamente vías SEN bifurcacións
- Facilitar tamén vías CON bifurcacións
