KIE Kit de Iniciación á Electrónica
Section outline
-
Circuito abierto e fechado
Un circuito electrónico é un conxunto de dispositivos conectados entre sí coos que conseguimos transportar e utilizar enerxía eléctrica.
En KIE os circuitos comezan e terminan nos puntos de conexión positiva (+) e negativa (-). Ao unir estes puntos conseguimos un circuito fechado e conseguimos que circule a enerxía do portapilas. Cando ambos puntos non están unidos chámase circuito aberto. Nun circuito aberto a enerxía non circula.
Módulos de KIE
En KIE os circuitos compóñense de módulos. Hai dous tipos: cables e dispositivos.
Os cables transportan a electricidade ao longo docircuito. Poden ser positivos (vermellos) e negativos (negros). Intentaremos conectar os cables positivos á conexión positiva de KIE e os negativos á conexión negativa.
O resto dos módulos son dispositivos electrónicos con diferrentes funcións. Algúns deles teñen polaridade, é dicir, teñen un polo positivo (+) e outro negativo (-). Para que funcionen debemos conectar o seu polo positivo á conexión positiva de KIE e o seu polo negativo á conexión negativa.

Reproduce este circuito
Necesitarás os seguintes módulos e porcas:

