MANUAL DE PRÁCTICAS EXPERIMENT BOX
Section outline
-
Un diodo emisor de luz é un dispositivo semiconductor que converte a electricidade en luz. Á diferencia dunha bombilla, o LED ten polo positivo e polo negativo. A patilla corta corresponde ao negativo.
Os diodos LED son de uso común, a maior parte da luz de sinalización e de iluminación principal utilizan esta tecnoloxía.
CONEXIÓNS:

Conexión de leds
O conector negro é o polo negativo e o vermello é o polo positivo.

Módulo LED
Coa resistencia contrólase a corrente que pasa a través do LED.

Resistencias
Instalar unha resistencia de 100 Ω no circuito do LED para limitar a corrente. O diodo LED pode averiarse se non se limita a corrente.
PROGRAMACIÓN
Imos realizar un exercicio onde o LED parpadeará. Entrar en makecode https://makecode.microbit.org/ e facer clic en «Novo proxecto» .

Makecode
Para prender e apagar o LED utilizamos o bloque «escritura dixital» que se localizará na sección Pins.

Pines
Este bloque envía unha señal dixital ao pin ao que está conectado ao LED. Se envía un sinal alto (1) priende o LED, e se envía un sinal baixo (0) apaga o LED. Arrastra o bloque «escritura dixital» dentro do bloque «para sempre». Selecciona o pin P0 e indica que vai enviar un sinal 1 para prender o LED.

Para que o LED se manteña prendido un tempo antes de apagar, realizamos unha pausa antes de apagar o led. Para iso, utilizamos o bloque «pausa» que o atoparás na sección básica.


A continuación utiliza ambos bloques para conseguir que o led se apague e se manteña apagado:

Podes ver o programa no seguinte enlace: https://makecode.microbit.org/_Fa1Jpj38Di1Y
Ao prender o interruptor, o LED comeza a parpadear.