Iluminación: conceptos e esquemas
Section outline
-
1. Luz Cenital ou Picada (12V-2V)
É o modelo de luz ao que máis afeitos estamos, xa que se o pensas un momento é o esquema que segue o sol durante un maior número de horas ao día, así como tamén é o esquema da maioría das lámpadas das nosas casas, ou da iluminación na clase. Unha iluminación na que a fonte de luz se sitúa xusto por riba do suxeito. Ten dúas variantes:
- Aquela que é totalmente cenital, é dicir, a fonte está situada xusto enriba do suxeito e polo tanto provoca unhas sombras moi marcadas e pouco atractivas, que deixan as concas dos ollos do suxeito en penumbra, e sombras acentuadas baixo o nariz e o queixo.
- E por outro lado temos a luz que é máis picada que cenital, é dicir, está situada por riba do suxeito pero non de forma tan perpendicular, o cal provoca que a iluminación sexa moito máis agradecida, e que ao mismo tempo logremos resaltar algunhas sombras para darlle volume á fotografía.

Malia ser o esquema habitual, hai que ter coidado e en ocasións resultará necesario complementarlo cunha segunda fonte de luz, xa que sea iluminación é moi dura, moi concentrada ou a posición da fonte de luz é extremadamente cenital, xeraranse sombras pouco atractivas pola súa excesiva dureza no rostro dos suxeitos iluminados.
2. Luz Frontal (2V-4V)
Cando situamos a fonte de luz á mesma altura que o suxeito iluminado, logramos un esquema que tende a disimular os volumes e a realzar a saturación.

3. Luz Negativa/Nadir ou Contrapicada (4V-6V)
Esquema de luz negativa ou nadir, ou tamén se é menos acentuado o de luz contrapicada. Trátase dun esquema completamente antinatural, en que a iluminación provén desde a parte inferior da escena, algo que non soemos ver no noso día a día. De feito, esta iluminación apórtalle un toque sinistro e diabólico ás nosas imaxes.

Dependendo do contrapicada que estea situada a fonte de luz poderemos distinguir entre:
- Luz nadir: aquela na que a fonte de luz está totalmente perpendicular ao suxeito dirixindo a luz cara arriba e provocando unhas sombras moi marcadas e incluso sinistras.
- Luz contrapicada, cuxo ángulo non é tan extremo e ilumina máis parte do rostro sen producir sombras tan acentuadas.
Esta iluminación, utilizada como luz principal, é habitual en fotos con fogueiras ou en festas de disfraces tipo Halloween, pues xeran un ambiente de suspense e incluso de terror. Ademais do seu uso como luz principal, en ocasións tamén é utilizada como luz complementaria para reducir as sombras orixinadas por unha luz principal situada, por exemplo, en posición cenital.