Iluminación: conceptos e esquemas
Section outline
-
17. 1 Fuente + Doble Contraluz
Con 3 fontes de iluminación podemos usar calquera dos esquemas de iluminación cunha soa fonte de luz que vimos e agregarlle o dobre contraluz

18. 2 Fuentes + Iluminar el Fondo
Culquera dos esquemas de iluminación que vimos con 2 fontes de luz pode ser complementado cun terceiro foco encarado cara ao fondo, xa sea para queimalo como para tinguilo con algunha cor.

19. Luces a 45º y -45º + Contraluz
Este é un dos esquemas favoritos con 3 fontes de luz. Nel as luces a 45º e -45º crean un retrato moi compensado e equilibrado. Engadindo un contraluz, conseguiremos ademais despegar ao noso suxeito do fondo, remarcar a súa silueta e darlle volume ao seu cabello.
Podes elixir entre colocar o teu contraluz xustamente detrás do teu suxeito, ou ladealo para dar volume só por unha parte e evitar o aura que crea o foco traseiro.

20. Rembrandt + Luz Lateral o Luz Frontal + Contraluz
Tamén podemos complementar cun contraluz outros esquemas de 2 luces que vimos antes, como o Rembrandt + Luz lateral ou o Rembrandt + Luz Frontal. Ao igual que co esquema anterior, co contraluz conseguiremos ademais despegar ao noso suxeito do fondo, remarcar a súa silueta e darlle volume ao seu cabello.

21. 2 Luces Laterais + Luz Frontal
O esquema cunha luz lateral a cada lado do noso suxeito crea una iluminación moi curiosa, deixando unha franxa escura ao centro. Se queremos gañar un pouco de información nesa zona en sombra, podemos situar unha fonte de luz de recheo a baixa intensidade para suavizar esa sombra, pero sen eliminala.

22. 2 Luces Laterais + Contraluz
Tamén podemos complementar o esquema de 2 luces laterais cun contraluz en vez de cunha luz de recheo frontal. Así seguiremos mantendo esta franxa en sombra se nos gusta o seu efecto, pero remarcaremos aínda máis a silueta do noso suxeito.

23. Clamshell + Contraluz
O esquema Clamshell proporciónanos unha iluminación moi suave e plana. Se queremos darlle un pouco de volume ao cabello do noso suxeito e despegalo do fondo, complementar este esquema cun contraluz será o ideal.
