Iluminación: conceptos e esquemas
Section outline
-
6. 1 Fuente + Iluminar o Fondo
Calquera dos esquemas que vimos cunha soa fonte de luz pode ser complementado cunha segunda luz que ilumine o fondo. Este luz enfocada cara ao fondo axudará a queimar o fondo para conseguir que sexa branco puro.

7. Luces a 45º e a -45º
Podemos encher as sombras que produce o esquema Rembrandt cunha luz situada xusto ao contrario que a luz principal; é dicir, a -45º respecto ao nariz do noso sujeto. Será importante que a luz de recheo teña menor intensidade que a principal, para suavizar as sombras pero non matalas de todo.
Con este esquema de iluminación conseguiremos que as sombras xeradas polo esquema Rembrandt non estean tan marcadas, xerando así un retrato menos duro, máis compensado.

8. Rembrandt + Luz Frontal
Se queremos paliar un pouco as sombras xeradas polo esquema Rembrandt, unha boa maneira é usar unha fonte de luz situada de maneira frontal. Iso si, será interesante que esta luz frontal teña unha intensidade máis baixa que a luz principal, para gañar información nesas sombras pero non eliminalas por completo. Así pois, a luz frontal actuará como luz de recheo.

9. Rembrandt + Luz lateral
Tamén podemos complementar o esquema Rembrandt colocando a luz de recheo de maneira lateral ao lado contrario, para paliar sombras e marcar contorna.

10. Rembrandt + Contraluz
Outra opción tamén é complementar o esquema Rembrandt cun contraluz, para realzar a silueta ou darlle volumen ao cabello do noso suxeito. Podes optar por situar o contraluz completamente detrás do teu sujeto, ou situalo lixeiramente ladeado para marcar a súa contorna pero evitar o aura que xera o contraluz completo.

11. Luz frontal + Contraluz
O contraluz serve para crear siluetas e realzar contornas. Pero se queremos que o noso suxeito non sexa simplemente unha silueta podemos utilizar unha luz frontal para gañar información nas sombras. Isto serviranos para remarcar a súa silueta, despegalo do fondo e darlle vida ao seu cabello.

12. Luz Lateral + Luz Frontal
Se queremos gañar un pouco de información nas sombras cando utilizamos unha iluminación lateral, podemos usar unha luz frontal tenue para iluminar lixeiramente as zonas en sombra.
Este tipo de iluminación será ideal se queremos conservar a forza que transmite a iluminación lateral pero tamén amosar a todo o noso suxeito sen que se perda entre as sombras.

13. 2 Luces laterais
Se, no esquema anterior, en vez de situar a luz de recheo de maneira frontal situámola xusto ao lado contrario da luz principal, é dicir, xusto ao outro lateral do noso suxeito, conseguiremos unha iluminación moi interesante e orixinal. Realzaremos os dous lados da silueta do noso suxeito, deixando a parte central en sombra.

14. Clamshell
A iluminación Clamshell consiste simplemente en encher as sombras da iluminación Butterfly. Para is, colocaremos a luz principal igual que no esquema Butterfly, por riba da frente do noso suxeito e mirando cara el; e situaremos outra fonte de luz con intensidade máis baixa debaixo da barbilla do noso suxeito, mirando tamén cara l. Por iso se chama "Clamshell", porque creamos unha especie de ameixa coas dúas fontes de luz.
Con este tipo de iluminación conseguiremos unha iluminación moi plana e uniforme, ideal para retratos beauty ou de moda. Ao igual que a iluminación Butterfly, o esquema Clamshell tamén está pensado para retratos bastante cercanos.

15. Butterfly + Contraluz
Outra manera de complementar o esquema Butterfly é cun contraluz. Cun contraluz conseguirás conservar ese toque beauty do esquema Butterfly pero darlle volume ao cabello do teu suxeito e remarcar a sú silueta, despegándoo así do fondo.

16. Dobre Contraluz
En vez de situar un contraluz xusto detrás do noso suxeito podemos situar dous contraluces a 45º e -45º por detrás del. Con iso conseguiremos remarcar toda a súa silueta e conseguir así que quede perfectamente definida sen crear ese aura que xera a luz situada totalmente por detrás.
