• 1. Rembrandt (Luz a 45º)

    El esquema de iluminación Rembrandt consiste en situar unha fonte de luz a 45º respecto ao nariz do noso suxeito, de tal maneira que a sombra que proxecte o seu nariz cree un triángulo de luz na meixela en sombra. Chámase así precisamente porque imita a iluminación que o famoso pintor soía usar nos seus cadros.

    Ao incidir de maneira diagonal sobre o rostro, este tipo de iluminación favorece moito, xa que as sombras van aparecendo de maneira gradual marcando os volumees pero sen exageralos, obtendo así un retrato moi compensado.


    2. Luz Lateral (Luz a 90º)

    A luz lateral situase a 90º respecto ao nariz do noso suxeito, é dicir, de maneira completamente lateral a el. Este tipo de iluminación realza moito as texturas e crea sombras moi marcadas, dando lugar a retratos con moita forza e dramatismo. Isto acrecéntase aínda máis si ademais utilizamos unha luz dura.

    Este esquema é moi útil se o principal motivo da túa fotografía é marcar e realzar unha textura, como por exemplo as enrugas dun vello ou os músculos dun cuerpo ben definido.


    3. Contraluz

    Para crear un contraluz situaremos a fonte de luz xusto detrás do noso suxeito. Con isto conseguiremos realzar a súa contorna, a súa silueta. Tamén podes situar o contraluz de maneira diagonal por detrás para realzar tan só unha das partes da silueta do teu suxeito.

    Neste esquema atoparémonos con dúas opcións:

    -Unha será expor correctamente ao noso suxeito, facendo que o contraluz lle otorgue un aura onírica.

    -A outra será subexpoñer ao noso suxeito para conseguir que se amose tan só a súa silueta negra, contornada polo contraluz.


    4. Butterfly

    O esquema de iluminación Butterfly é un dos máis usados para moda e retratos tipo beauty. Situaremos a fonte de luz de maneira frontal, pero elevada por riba da cabeza do noso suxeito.

    Este tipo de iluminación, sobre todo se se usa luz difusa, favorece moito ao rostro, porque aplana as faccións do noso modelo, facéndoas máis delicadas e suaves. Chámase "Butterfly" pola sombra en forma de bolboreta que se xera xusto debaixo do nariz.

    Cabe destacar que esta é unha iluminación pensada para retratos en primeiro plano ou incluso para planos máis cerrados.


    5. Rembrandt Elevado

    Este esquema sería una mestura entre os esquemas Rembrandt e Butterfly. Consiste en situar a luz a 45º, como no esquema Rembrandt, pero elevado por riba da cabeza do noso suxeito, como no esquema Butterfly.

    Con esta iluminación conseguiremos suavizar as faccións do noso suxeito pero non aplanalas de todo como co esquema Butterfly.