Aro de luz Hama
Section outline
-
Como é unha fonte de luz circular conséguese unha luz uniforme ao iluminar ao obxecto que está no centro do aro e evítanse as sombras angulosas.
Debido a su facilidade de uso, a axilidade á hora de preparar o estudo e tódalas vantaxes que ofrecen as luces LED, cada día úsanse máis estes aros.

As principales características destes aros de luz son:
-As lámpadas de luz continua: isto permítenos ver en cada momento o efecto dos cambios de configuración que facemos, xa sexa movendo a luz ou cambiando os parámetros da cámara, sen ter que esperar a disparar para ver o resultado. Así, faise máis rápido o proceso, especialmente cando aínda non se domina o decorado
-As luces LED: permiten controlar a intensidade e a temperatura de cor. Soen ter varias opcións para modular estes parámetros e incluso permiten modificar máis alá da temperatura de cor se cntan con control das cores RGB.
-Non se quentan tanto coma outro tipo de bombillas profesionais, sendo máis seguras e manexables. Tamén son máis duradeiras
-A súa forma circular permite colocar a cámara no interior do círculo, ofrecendo unha iluminación uniforme.

-Isto fixo que sexa todo un éxito en fotografía de retrato, entrevistas, videos en streaming… En todo tipo de grabacións onde se busca iluminar eorostro de forma eficaz e fácil, sen sombras duras nin zonas excesivamente iluminadas.
-O efecto da iluminación circular fai que, ao reflectirse a luz no ollo, se vexa cunha forma de anel que é moi suxerente.

O seu uso principal, tendo en conta as características comentadas, comezouse ampliando ao mundo da moda, onde se soe utilizar un tipo de iluminación moi suave e uniforme, sen sombras. Porén, a súa popularidade saltou do ámbito da fotografía de moda profesional a todo tipo de fotógrafos e videógrafos que buscan máis luminosidade sen complicarse con esquemas de luces auxiliares.
Por iso non é extraño que arrasen entre os titoriales de belleza (maquillaxe, peluquería ou detalles como as unllas en videos de manicura) en Youtube e as fotografías de tipo retrato ou selfie.