• Consellos para unha correcta iluminación

    1. A pantalla debe encontrarse ben distribuida. Noutras palabras, deben evitarse enrugas e irregularidades na pantalla
    2. A personaxe debe manter unha distancia axeitada con respecto ao fondo. É moi común cometer o erro de colocar á personaxe moi cerca do chroma. O que trae como consecuencia, que a luz que reflicte o fondo se reflicta tamén no actor, complicando o proceso de aplicar a técnica con resultados óptimos.  Para evitar isto, aconséllase unha distancia mínima de dous metros entre o fondo e a personaxe.
    3. Tamén será conveniente realizar axustes á cámara, relativos á súa sensibilidade, que debe ser o máis baixa posible. De igual forma, a temperatura de cor é importante tomala en conta, para que se atope axustada á temperatura de cor das luces.
    4. A personaxe debe estar ben definido e enfocado.
    5. Hai que evitar materiales que reflictan: gafas, botellas transparentes, cousas semellantes.