• 1.- Abro Gimp e vou a Arquivo> Novo.

    2.-Antes de escribir calquera tipo de texto o primeiro que debemos facer é crear, coa ferramenta rutas, a curva que vai seguir o texto unha vez trazado (esta ferramenta de rutas funciona de forma similar ás curvas de bézier de Inkscape).


    3.- Unha vez trazada a ruta, ímonos á ferramenta de texto e escribimos a palabra ou palabras, empezando a escribir o texto máis ou menos no mismo punto onde comenzó a ruta.


    4.- A continuación imos ás capas e facendo clic dereito sobre a capa texto, eliximos a opción de “Texto seguindo unha ruta”.  Veremos como o texto aparece agora seguindo a ruta que debuxamos previamente.


    Dentro das capas debemos ocultar a capa de texto para que só se amose o texto que segue a liña da ruta.

    5.- Agora imos á ventá de rutas e facendo clic dereito sobre a última ruta dámoslle a “Ruta a selección”.



    Isto fará que todas as letras do texto queden seleccionadas e imos encelas con cor: para iso debemos ir ás capase crear unha capa nova transparente (sen este paso non sae). Estando sobre esta capa nova transparente iremos a Edición >Encher coal cor de primeiro plano.




    6.- Xa temos o noso texto recheo co cor de fronte pero posúe un borde en vermello que se eliminará cando vaiamos á ventá de rutas e eliminemos a última ruta trazada.


    Xa só nos queda ir a seleccionar> nada e o texto curvo estará feito.