• É posible bloquear a parte táctil da pantalla (non confundir co bloqueo con contrasinal do que antes se falou), usando o mando a distancia, concretamente premendo o botón de cor amarelo, vermello ou verde.

    Pode darse o caso de que un alumno/a, ou mesmo nós, premamos calquera deses tres botóns de cores, sen querer e nos atopemos coa pantalla bloqueada sen saber desbloqueala.

    No caso de darse este bloqueo, á única forma de desbloquealo é premendo novamente un deses tres botóns do mando a distancia: amarelo, vermello ou verde.

    A diferencia dos tres botóns da cor indicados, o botón de cor azul activará o zoom, pero non bloqueará a pantalla como si o fan os tres restantes.