• Unha vez acendido o panel dixital interactivo amosarase de xeito predeterminado a pantalla de inicio en Android. Esta mesma pantalla recibe tamén o nome de Lanzador ou Home.

    Nos laterais da pantalla de inicio amósanse unhas iconas idénticas expandibles e colapsables que dan acceso á barra do sistema, que contén as diversas opcións de xestión e configuración do dispositivo. Opcionalmente é posible configurar o panel para que tamén amose a barra do sistema na parta inferior da pantalla, como se aprecia na seguinte imaxe:

    imaxe pantalla inicial barra inferior

    • É posible configurar esta pantalla creando accesos directos  de aplicacións, arquivos ou sitios web, de xeito semellante a como se faría nun dispositivo móbil, para ter un acceso máis inmediato aos elementos máis empregados.


    • A conexión de unidades de memoria USB externas crean de xeito automático accesos directos  na pantalla de inicio para facilitar a súa localización.


    • Na parte superior dereita da pantalla de inicio atópase un menú de pantalla táctil coas seguintes funcionalidades:

      • Fonte de entrada Fonte de entrada: permite mudar da entrada Android ao resto de fontes de entrada da pantalla (HDMI, OPS...)
      • brillo e son Brillo e audio: permite axustar o brillo e o volume da pantalla.
      • CloudPunto quente (hotspot): permite a configuración do panel como punto quente (hotspot) para compartición da conexión a internet: "Configuración > Rede e conectividade > Punto quente"
      • ethernet Ethernet:  permite configurar a rede por cable: “ Configuración > Rede e conectividade > Ethernet”.
      • wifi Wi-Fi: permite configurar a rede sen fíos: “Configuración > Rede e conectividade > Wi-Fi”.
      • reloxioReloxio:  Permite axustar a data e a hora:  “Configuración > Sistema > Data e hora”. (Opción recomendada se hai conexión a internet: Data e hora automáticas)

    Data_hora

    O modo multiventá

    Con carácter xeral, as aplicacións do panel ábrense a pantalla completa.

    • Para posibilitar o traballo con dúas ou máis aplicacións de xeito simultáneo, facilitando así o posible intercambio de información entre elas, é posible establecer a configuración do panel en modo multiventana:   Configuración > Persoal > Modo multifiestra   (será preciso o reinicio do panel para poder traballar coa nova configuración): 

    multiventana

    Co modo multiventana xa activado será posible redimensionar as ventanas das diferentes aplicacións abertas.

    • Propóñense a modo de exemplo dúas casuísticas para amosar as vantaxes do emprego da configuración multiventana do panel. 


    1. Exemplo 1: A seguinte imaxe amosa dúas instancias do xestor de arquivos do panel. Con esta visualización, será posible mover/copiar un ficheiro ou cartafol simplemente mediante arrastre da icona correspondente ou crear un acceso directo na pantalla de inicio.

    Procurador multiventana

    1. Exemplo 2: A aplicación de Pizarra (Consello) pode recibir información directamente doutras aplicacións, simplemente mediante selección e arrastre tanto de imaxes como de textos.


    paso inicial Paso intermedio paso final

    Configuración do idioma e do teclado

    É posible modificar o idioma da interface do panel e a configuración do teclado sen fíos e do teclado virtual desde a opción Configuración > Sistema > Lingua e Teclado

    A configuración recomendada é a seguinte:

    • Linguaxes: Galego


    Linguaxes_gaelgo

    • Teclado virtual > Teclado Android (AOSP): Galego (España)

    Teclado virtual

    • Teclado físico > Teclado Android (AOSP) - Galego (España)-Español

    g