Kit E-Textil
Section outline
-
Se nunca manexaches un LED, proba a:
- Acender un, tocando con cada pata un dos polos da pila. Marca a pata positiva do LED (a que toca o polo positivo da pila) co rotulador permanente. Resultarache útil máis adiante.
- Pensa o que che gustaría facer no teu primeiro proxecto. Pode ser un parche, unha pulseira, un coxín, ou algunha peza de vestir. A realización pode complicarse rapidamente, así que é mellor que empeces por un único LED e logo vaias avanzando.
- Debuxa o circuíto nun anaco de tea. Pensa onde queres poñer o porta pilas e o LED.
- Prepara o LED para que sexa un compoñente que se pode coser. Proba o LED conectando cada pata a un polo da pila. Fíxate que só funciona conectado nunha dirección, pero non na outra. Cando se acenda, marca a pata que toca o polo positivo da pila cun rotulador permanente.
- Podes coser o LED curvando as súas patas cun alicate de punta redonda:
-Suxeita o extremo da pata do LED co alicate.
-Vira o alicate para empezar a dobrar a pata.
- Antes de acabar de enrolar as dúas patas, para. Abre o alicate, desenrola as patas do LED e volve repetir os dous pasos anteriores.
-Segue virando ata chegar ao LED
CONSELLO: Non é necesario que sexan círculos perfectos. Vale calquera forma similar a un anel! Podes practicar cun anaco de arame antes de empezar co LED.
Deixa o LED ao carón e enfía a agulla co fío condutor.
Cose un dos terminais do porta pilas á tea. Asegúrate de que a agulla é o suficientemente fina como para pasar polo buraco do porta pilas.
CONSELLO: É mellor se das varias puntadas a través do buraco do porta pilas, de maneira que quede seguro. Unha vez fixado un terminal, segue cosendo cara ao lugar onde queres poñer o LED. Cando cosas o teu circuíto da puntadas ata o lugar onde vai ir o LED, colle o LED que preparaches para coselo. Se empezaches cosendo o polo positivo da pila, debes coser a pata positiva do LED (e viceversa). Fanse varias puntadas ao redor da pata do LED para fixalo (como fixeches co porta pilas). Acaba cun nó e corta o fío que che sobra.
Agora que tes construída a metade do circuíto, é un bo momento para probar que funciona ben antes de coser o resto. Usa outro anaco de fío condutor para unir a outra pata do LED co outro terminal do porta pila. Se acende, podemos seguir! En caso contrario, hai que revisar un par de cousas:
- Esta ben orientado o LED?
- Hai un curtocircuíto nalgún sitio? Para a electricidade é máis fácil pasar polo fío condutor que polo LED. Se un fío condutor cruza accidentalmente as dúas liñas que van da pila ao LED, a luz non acenderá. Ás veces o fallo está na parte posterior da tea, e non se ve desde diante.
Completa o circuíto cosendo desde o outro terminal do porta pilas ata a outra pata do LED. Para a parte máis divertida: que anaco de feltro poderías coser ao redor do LED para facer o teu deseño único? Podes probar con fío de bordar para realzar o deseño ou esconder as zonas que non che gusten.
Facer un circuíto brando non acaba con poñer só un LED.
Aquí tes algunhas ideas que podes probar usando os mesmos materiais. Experimenta con interruptores: podes crear un interruptor cortando nalgún sitio o fío condutor que une a pila co LED. Prepara dous puntos de conexión que se poidan separar e xuntar para acender e apagar o LED. Podes usar fío condutor cosido nunha lapela de tecido para que funcione como un interruptor. Os broches magnéticos son estupendos para facer interruptores nos brazaletes. As contas metálicas cosidas a pezas de tea con fío condutor tamén funcionan ben como interruptores. Mesmo podes experimentar poñendo materiais condutores dentro dun obxecto con recheo para facer interruptores que funcionen ao seren premidos.
Experimenta con máis LEDs
Podes crear circuítos con moitos LED. Engádeos ao primeiro circuíto estendendo as liñas de alimentación positiva e negativa cosendo máis fío e engadindo novos LED. Cando uses varios LED, é útil conectalos facendo un circuíto en paralelo. Tamén é posible conectalos en serie, pero necesitarás engadir unha pila por cada luz nova que poñas.
Para facer un circuíto en paralelo podes coser dous camiños separados: un para o lado positivo da pila e outro para o negativo. Podes poñer os LED en calquera sitio no que os camiños estean próximos. Tamén podes facer ramificacións do circuíto en varias direccións, creando formas orgánicas ou camiños xeométricos con liñas rectas e esquinas.
OLLO: Se coses camiños complexos, ten coidado de que as liñas positivas e negativas non se crucen en ningúnsitio, xa que se produciría un curtocircuíto.
CONSELLOS:
-Algúns LED non se levan ben con outros (os azuis son pouco compatibles cos doutras cores). Proba a compatibilidade das cores dos teus LED conectándoos todos á vez á pila antes de empezar a coselos.
-Crea un circuíto que poidas vestir: pon LED na túa roupa, ou crea accesorios que se iluminen, como paxarelas, broches, chapeus, etc. Os tecidos condutores son un gran recurso para ampliar as posibilidades dos teus experimentos con pezas con circuítos
-Podes facer que o teu proxecto sexa todo o complicado e enrevesado que queiras. Usa un circuíto integrado para facer que os LEDs dean luz intermitentemente, ou engade algún sensor ao teu circuíto de maneira que responda Á contorna.
-Explora outros tecidos: proba a fabricar un obxecto tridimensional feito que inclúa algún LED. Mesmo podes pasar o circuíto a través de la unha vez que lle deras forma. Ou proba os LED noutras teas. Os obxectos que se iluminan con LED son divertidos. Os materiais reflectores tamén son moi interesantes.