• HABILIDADE MOTRIZ

    Grazas ás capacidades conductoras do grafito, podemos crear prácticas con circuitos pintados con lapis nun papel. É recomendable que sexan lapis brandos para que quede grafito dabondo pegado ao papel.

    Obxectivo: 

    Pintamos cun lápiz unha silueta cuxo trazo queremos que practique o rapaz e facemos un pequeno programa en scratch que ao premer a tecla espazo emita un son. Cun cable conectaremos o circuito á tecla espazo a través de makey makey. O niño intentará seguir co cable de tierra o circuito establecido e se se sae escoitará un son de aviso

    Pintamos unha silueta:

    Neste caso, para facilitar a comprensión da actividade, imos empezar elaborando a montaxe con makey makey. Pintamos sobre un papel con lapis de grafito brando nº 2 unha silueta, no noso caso eliximos a letra E. Pintamos os bordes de forma que queden cun grosor moi marcado.

    e

    A continuación conectamos dous cables á placa makey makey. O primeiro cable conéctase na toma de terra “earth”. O segundo cable, un extremo conéctase á zona “space” de makey makey, e o outro extremo conéctase á pintada de negro da plantilla que elaboramos.

    ev

    Programación con scratux:

    Creamos un novo proyecto con scratux.  Seleccionamos como personaxe principal o check verde

    chec

    A continuación accedemos aos disfraces. Eliminamos o disfraz 2 e substituímolo pola cruz vermella.

    cruz

    Programamos á personaxe para que ao premer a tecla espazo do teclado (que é a que conectamos dende makey makey á zona gris da silueta) cambie o disfraz e emita un son.

    p3

    Collemos unha variña de ferro e conectámola ao outro extremo do latiguillo da toma terra. Agora utilizaremos a variña como se fose un lapis, realizando o trazo do circuito debuxado.  Toma cunha man a variña e posiciona a súa punta sobre a zona branca do circuito e trata de facer o trazo.  Se tocas a zona pintada con lapis, soará un pitido de aviso para que volvas ao trazo correcto. Elabora tantos circuitos como trazos queiras practicar de forma amena e interactiva.

    fin