• Pode comprarse (a marca Play Doh funciona moi bien) ou facela nós mesmos en casa seguindo esta receita:

    • 1 vaso de fariña.
    • Auga ½ vaso Unha pizca de sal fino.
    • Zume de 2 limóns.
    • 1 cullerada de aceite de xirasol. 
    • Colorante alimenticio ao gosto.

    Volca os ingredentes nunha pota e pona ao lume lento. Remove ata que comece a solidificarse e agrupa nunha morea no centro da pota. Ao redor de 10 minutos. 

    Retíraa da pota e deixa arrefriar nunha táboa de madeira previamente espolvoreada con fariña. Unha vez fría, moldeala como queiras e garda o que sobre en film transparente para poder reutilizala.