

O figo é o froito da figueira.
Algunhas figueiras cultivadas producen dúas colleitas de figos: unha de brevas en primavera, de maior tamaño, e outra de figos no outono.
Poden comerse crus ou secos. Tamén se elabora o "pan de figo". Favorece o tránsito intestinal.
Que nome reciben os figos de maior tamaño?