
REGRAS DE USO DO B
Palabras que comezan polas sílabas bu- bus- bur-
Detrás de m- e antes de -l e -r agás ávrego e acivro.
As terminacións -aba, -abas, -aba... do pretérito imperfecto de indicativo dosverbos da 1ª conxugación.
As formas verbais dos verbos: deber, caber, sorber, absorber, haber, lamber, beber.
Nas formas verbais dos verbos acabados en -bir, agás vir, servir e vivir.
Palabras como abelá, automóbil, baleiro, billa, marabilla, móbil...
REGRAS DO USO DO V
Detrás de n: envío, inventar, envexoso, convidar, inverno...
Nas formas dos verbos que teñen o son B e que non levan nin b nin v no infinitivo (exceptúanse as terminacións -aba, -abas, -aba... dos verbos da 1.ª conxugación): tiven, estivo, vou...
Nas formas dos verbos rematados en -ver agás absorber,beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber.
Nas formas dos verbos servir, vivir e vir.
Os adxectivos que rematan en -avo, -ava, -ivo, -ave, -evo-eva, -eve, -iva agás árabe.
As palabras rematadas en -ívoro, -ívora agás víbora.
En moitas outras palabras como avó, avogado, gravata, vermello, verniz, verza, vila, voda, voitre, vulto, varrer, ...

Árbore silvestre de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e compacta.

Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel.

Aparello telefónico automático e de pequenas dimensións, que permite realizar e recibir chamadas desde calquera punto situado dentro da súa cobertura. Teléfono...
En galego... con v ou con b?
Ollo! Leva acento gráfico.
PALABRAS HOMÓFONAS
Palabras de significado diferente que teñen a mesma pronuncia.
BACA-Armazón que se instala na parte superior dos vehículos para transportar equipaxes.
VACA- Animal mamífero doméstico.
BAGO- Cada unha das uvas dun acio.
VAGO- Que é pouco traballador
BARÓN: Nobre de rango inferior ao de vizconde.
VARÓN: Persoa de sexo masculino.
BALOR- Peluxe branca ou verdosa constituída por certos fungos microscópicos
VALOR- Cualidade de atreverse a facer algo, valentía.
BOA- Serpe de ata catro metros de lonxitude, non velenosa, que se alimenta de animais que mata asfixiándoos por estrangulamento / Contrario de mala
VOA- 3ª persoa do singular do presente verbo voar
RABO- cola de moitos animais
RAVO- Planta con raíz comestible, xeralmente encarnada e carne branca.
NABAL- Leira de nabos
NAVAL- Relativo ou pertencente aos barcos e á navegación.
BARRO- Material arxiloso que se pode moldear e se utiliza, mesturado con auga, para fabricar obxectos.
VARRO- 1ª persoa do singular do presente do verbo varrer.