

O falcón peregrino é capaz de voar a unha velocidade constante de 100 km por hora, pero cando efectúa un ataque en picado chega a superar os 300 km/h. É polo tanto o animal máis rápido do mundo. A femia é de moito maior tamaño que o macho.
Pode atoparse en case toda a Terra, agás nos polos e montañas moi altas e selvas tropicais. aliméntase de aves de tamaño medio e de pequenos mamíferos e réptiles.
Recibe ese nome polos seus hábitos migratorios das aves do norte.

O guepardo é o animal terrestre máis veloz, acadando velocidades superiores aos 100 km/h en distancias curtas (400-500 metros).
As femias poden ter ata 5 cachorros por camada. O macho é de maior tamaño.
Ten un corazón relativamente grande para o seu tamaño. A súa presa favorita é a gacela.
A diferenza dos demais felinos, as garras non son retráctiles. Isto permítelle agarrarse máis ao solo e ser veloz.
As crías, cando nacen, non teñen manchas.